SERVIZOS

Trabajadores de Xacias desarrollando un plan de comunicación

Comunicación pública

Especializámonos en crear contido adaptado ás necesidades comunicativas da década. Renovamos identidades institucionais e intervimos en asuntos que afectan a toda a sociedade. 

space gray iPhone X

Comunicación dixital

Deseñamos campañas de creación de contido dixital, executámolas e avaliámolas. Traballamos coa complexidade das redes sociais para posicionar a túa organización. 

people using phone while standing

Comunicación corporativa

Facemos que a túa organización teña unha identidade visual e un discurso singulares. Actuamos coma un gabinete de prensa e un xerador de contido sobre a túa empresa grazas á nosa experiencia xornalística.

CREAMOS

Materializamos a túa visión do mundo.

  • Contidos dixitais: posts e copys, vídeos adaptados a redes sociais, carruseis de imaxes ou infografías. 
  • Fotografías institucionais, corporativas ou de carácter turístico-cultural.
  • Branded content: reportaxes e entrevistas sobre a organización. 
  • Newsletters e podcasts.
  • Notas de prensa. 
  • Identidades visuais completas: logotipos, tipografías personalizadas, materiais gráficos asociados coma cartelería, folletos, tarxetas de visita… 
  • Artigos web con posicionamento SEO.
  • Informes e análises de asuntos públicos ou corporativos.

PLANIFICAMOS

Collemos escadra e cartabón para deseñar estratexias personalizadas.

  • Campañas de creación de contido dixital en diferentes redes sociais.
  • Plans de comunicación integrais, tanto en redes como en medios de comunicación.  
  • Liñas temáticas a desenvolver para a institución ou organización. 

XESTIONAMOS

Encargámonnos das necesidades dos medios e doutros stakeholders.

  • As túas redes sociais e as interaccións das comunidades dixitais existentes. 
  • As necesidades dos teus eventos corporativos: cobertura en directo, relacións públicas e organización.  
  • As relacións informativas con xornalistas dos medios de comunicación. 
  • O teu gabinete de prensa
  • Campañas e candidaturas políticas
Emoticono Xacias en amarillo
Unha cooperativa de comunicación para traballar coa túa complexidade

Pregunta polo teu orzamento!

+ 34 624 73 73 46

ASESORAMOS

Axudamos a construír relatos sólidos para os novos tempos.

  • Na creación de discursos institucionais ou corporativos.
  • Na mellora da comunicación externa ou interna da organización. 
  • No posicionamento dixital da empresa ou institución. 
  • Na implementación de políticas de participación cidadán.

FORMAMOS

Achegamos coñecemento en comunicación e creación de contido.

  • Con obradoiros de podcasting
  • Con obradoiros de portavocía e liderado político.
  • Con conferencias sobre creación de contido e comunicación institucional.
Scroll al inicio