- Os usuarios reclaman cada vez máis unha comunicación directa e persoal.
- O correo electrónico é a vía perfecta para lanzar unha mensaxe aos teus clientes, cunha alta probabilidade de que a lean e reciban a promoción, información ou opinión que interesa.
Nun mundo con tantos estímulos, onde recibimos mensaxes de todo tipo de negocios a todas horas, as vías de comunicación máis directas son a chave. O correo electrónico é un exemplo claro disto, que ademais permite facer contidos diferentes e adaptados ás necesidades da empresa e dos usuarios. Neste post explicámosche que é unha newsletter e como pode axudar a potenciar o teu negocio.
Unha newsletter consiste na realización de campañas de márketing enviadas a través de correo electrónico, cunha estratexia e tempos definidos. Debe estar aloxada nun espazo que permita manexar grandes bases de datos de correos e que dea xogo a nivel de deseño. É importante que conte coa imaxe de marca da empresa para que sexa recoñecible para o receptor, ademais de atractiva.
Seguro que algunha vez recibiches un correo dalgunha marca avisando dunha promoción. Ese é un exemplo típico de newsletter, pero as posibilidades do formato son infinitas. Aínda que poida parecer o contrario, as campañas de e-mail márketing abranguen moitos procesos e van máis aló de redactar un correo advertindo dun desconto.
Que tipo de newsletters podes facer para o teu negocio?
Partimos de que é unha estratexia moi efectiva para avisar deste tipo de promocións, das rebaixas do Black Friday, de códigos de desconto… É moito máis probable que unha persoa que está subscrita á newsletter da túa marca se entere deste tipo de cousas grazas aos correos que outras vías como un storie de Instagram, aínda que este tamén sexa interesante.
Neste caso estamos falando de newsletters de promocións. Con todo, o e-mail márketing ten moitas máis posibilidades, así que imos ver que tipo de newsletters existen para demostrar que sempre vai haber un formato que se adapte ao teu negocio.
Informativas
O correo electrónico é unha boa forma de trasladar información sobre a túa empresa e asegurarte de que os clientes se van enterar. Por exemplo, se vendes un produto novo, ofreces un servizo diferente ou vas abrir unha tenda noutra localidade. Ademais, sempre se pode combinar con promocións exclusivas para os subscritores á newsletter e con deseños rechamantes que aseguren que quen reciba o correo vai estar interesado en lelo.
Aínda que compartir información sobre a nosa empresa é moi importante, tamén é interesante darlle unha volta ao formato e comentar outras novidades que non teñen por que ser sobre nós mesmos. Empregar as newsletters para enviar as últimas noticias do sector ou para facer recomendacións culturais relacionadas co noso negocio é outra opción a valorar. Este caso é unha forma de facer contido de marca dunha maneira diferente, mostrando aos clientes que é o que nos interesa a nós como empresa, reforzando os nosos valores e traballando cun contido de maior calidade que os usuarios agradecen.
Campañas especiais
Sendo unha vía de comunicación tan directa tamén se debe valorar a opción de facer campañas específicas para momentos especiais do ano ou datas destacadas para a marca. Se ben as máis típicas son algunhas como o Black Friday, nesas semanas todas as empresas fan cousas e o que máis convén é diferenciarse.
Podes aproveitar esta canle para facer estratexias máis interactivas e que, de novo, reforcen os teus valores e a proximidade co cliente. Fórmulas como «comenta na nosa última foto cunha emoticona dunha flor para saber que ves da nosa newsletter» ou facer xogos exclusivos aos que só se poden acceder polo correo crean vínculo e os usuarios saben valoralas.
Correos personalizados
Os subscritores tamén agradecen cando lle chegan newsletters creadas especialmente para eles. Isto é algo que se fai moito para felicitar os aniversarios, moitas veces acompañado de algún agasallo a modo de desconto ou de mostra. Aínda que pareza unha «parvada», os clientes realmente agardan este momento e son conscientes de cales son as marcas que se preocupan por ter este tipo de detalles.
Editoriais
Outro contido que aporta un valor extra é aquel no que algunha das caras recoñecidas da marca aporta a súa opinión sobre un tema. É un formato máis persoal e atrevido que axuda a posicionar tanto o negocio como as persoas que o conforman. As newsletters a modo de editorial tenden a publicarse cunha frecuencia fixa, a non ser que haxa un acontecemento que requira saír deses estándares.
Estes cinco exemplos de newsletters son algúns dos que podes empregar para o teu negocio, pero hai máis opcións coas que xogar. Non tes por que ceñirte a un, senón que podes utilizar cada tipo segundo as necesidades do momento e vendo cal se adapta mellor ao que queres contar.
Que valor aporta unha newsletter ao teu negocio?
Ao longo do post xa fumos dando ideas sobre para que sirve unha newsletter, mais queremos profundizar un pouco máis. A idea principal é que esta estratexia está dirixida a un público que xa de por si mostrou un interese por subscribirse ao boletín. Polo tanto, este formato é unha vía moi boa para fidelizar, trasladando mensaxes directas a usuarios activos.
Esta conexión constante reforza a relación do público coa túa marca en todos os sentidos. Trasladar as novidades da empresa e os descontos desta forma directa é efectivo, pero tamén hai que traballar a parte máis creativa que aporte ao cliente un contido de calidade. Aparte, o público valora cada día máis os valores das marcas e que estas se impliquen realmente con eles, polo que este espazo é perfecto para defendelos.
Isto aporta autoridade e credibilidade ao teu negocio, fortalecendo a súa imaxe. A reputación é unha das claves para que as marcas funcionen, porque como vimos agora non só se valoran os propios produtos e servizos.
Esta estratexia é coñecida por ter un ROI moi alto. Isto significa que as newsletters requieren certa inversión tanto de recursos como de tempo, pero que grazas a ela obtés moito máis beneficio para a empresa. Os correos deste estilo fan que consigas tráfico ao teu sitio web, ben sexa para ter información da túa marca ou directamente para comprar algo. É dicir, tamén xeran moitos leads.
Como os usuarios reciben os teus comunicados de maneira moi directa, poden atopar nas newsletters produtos ou servizos que lle interesen e aos que non chegaría doutro xeito. Se repetimos tanto a posibilidade de ofrecer descontos a través do correo electrónico é porque é unha vía realmente efectiva. Promocións exclusivas ou de poucas horas chamarán a atención dos subscriptores, derivando isto en compras.
Se queres que a túa marca se vexa beneficiada por todo isto, contacta con Xacias. Somos unha axencia de márketing en Galicia que pode crear a estratexia de newsletter que mellor se adapte ao teu negocio.