Nace Xacias, a cooperativa galega de comunicación

Equipo de Xacias
  • O proxecto ten a capacidade de cubrir todo o proceso comunicativo que precisa unha organización, dende a planificación estratéxica á creación de contido ou a xestión das relacións cos medios de masas.
  • O noso equipo parte dunha especialización en comunicación política, corporativa e dixital.

Xacias xa é unha realidade! Esta cooperativa galega de comunicación nace despois de moitos meses de traballo nos que definimos o noso equipo, os nosos servizos e, sobre todo, cubrimos moito papeleo. Agora que xa nos podemos poñer a traballar no que máis nos gusta, comezamos este blog presentando que é Xacias e que ofrecemos.

A cooperativa xorde dun grupo de seis colegas especializados na comunicación, no deseño e na política. Pensando entre nós, agromou a idea de crear un proxecto que abranguera todo aquilo que nos gustaba e no que estábamos especializados, así que a unión de todas estas cousas deu como resultado Xacias. Nesta consultoría ofrecemos comunicación corporativa e política, márketing dixital, deseño gráfico e unha aposta pola participación cidadá da mocidade.

Por que unha cooperativa? Cando nos puxemos a darlle forma ao concepto tíñamos claro que os nosos valores debían estar reflectidos en todo o proxecto. Apostamos polo cooperativismo porque os seus principios básicos concordaban cos nosos: axuda mutua, responsabilidade, dinámicas democráticas, igualdade, equidade e solidariedade. Queriamos que os nosos valores estivesen presentes sempre nos nosos traballos, pero tamén na nosa forma de organizarnos. 

Dende Xacias cremos nunha visión distinta do ecosistema dixital. Defendemos que é necesario crear relatos e identidades virtuais únicos, con singularidade, e apostamos por un traballo lento que materialice contidos de baixa caducidade. Procuramos construír pezas dixitais que se manteñan no tempo e respecten a idiosincrasia de cada cliente!

Os nosos servizos

Entrando de cheo no que nos ocupa, en Xacias ofrecemos diferentes servizos para levar a cabo a estratexia comunicativa que necesitas. Todo comeza xustamente no deseño do plan de comunicación adaptado ao tipo de negocio que se nos presente e ás súas necesidades. Unha vez analizado o entorno, coñecidos os obxectivos e definido un público, podemos pasar ás seguintes estratexias.

O noso equipo está preparado para a creación de contidos para redes sociais e páxinas webs, ademais da súa posterior xestión. Aínda que nós non nos quedamos aí, pois adaptámonos a outros formatos como as newsletters ou incluso os podcasts. A nosa experiencia permítenos facer contidos creativos en variedade de formatos. 

De feito, tamén ofrecemos servizos de deseño gráfico a todos os niveis. Dende a súa aplicación a redes sociais ata a creación da imaxe de marca, pasando pola composición de carteis. Ter unha identidade propia e coidar os detalles visuais da túa corporación pode marcar a diferenza con respecto á túa competencia. O noso obxectivo pasa por facer diferenciais aos nosos clientes dentro dun espazo que está en constante cambio grazas a unha imaxe de marca que perdure no tempo.

Dentro das estratexias, os medios de comunicación seguen tendo un papel fundamental. En Xacias contamos cun servizo de gabinete de prensa, a través do que xestionamos o envío de notas de prensa, o seu seguimento e realizamos un asesoramento mediático. Grazas a ter presenza nos diferentes medios e unha boa relación con eles, podes chegar a un público totalmente novo de maneira orgánica e que a xente se achegue ás túas iniciativas por esta vía.

Tamén ofrecemos a organización e cobertura dos teus actos. Podemos axudarche con todos os preparativos e, ademais, coordinar a parte visual e publicitaria que é tan importante no caso dos eventos. Todos os servizos anteriores poden aplicarse aos actos corporativos, que se potencian grazas a unha boa imaxe e difusión.

O equipo de Xacias

A cooperativa está formada por seis persoas con perfís especializados nos diferentes servizos. O noso equipo ten a experiencia e formación para levar a cabo todos eses servizos e máis, dunha forma coidada e diferente para cada caso. Podes coñecer os nosos perfís no apartado de sobre nós, pero aquí vai un resumo co máis destacado.  

Comezamos por Román Varela, xornalista e consultor institucional con experiencia en medios como El Progreso de Lugo e institucións como o Concello das Pontes ou a Comisión Nacional do Mercado e Competencia (CNMC). Mentres, Pablo J. Rañales é o noso escritor e xornalista especializado en narrativas dixitais. Formou parte do gabinete de prensa do Concello de Ares, mais tamén colaborou en campañas políticas e foi redactor en La Voz de Galicia. 

Los trabajadores de Xacias

Continuando cos nosos xornalistas, Carmen del Río ten experiencia en axencias de noticias, en partidos políticos e tamén dentro do mundo do márketing dixital, onde traballou a comunicación de empresas de todo tipo. Pola súa banda, Adrián Vázquez é investigador predoutoral da Universitat Autónoma de Barcelona dentro da área de economía política das TIC e tamén ten experiencia en medios.

No noso lado máis creativo, atopamos a Miguel Ledo, graduado en Belas Artes, artista gráfico e fotógrafo, é o responsable dos procesos de branding e cobertura fotográfica de Xacias. Por último, temos connosco a Julio Iglesias, politólogo especializado en comunicación e márketing político con experiencia nesta área dentro de organizacións locais e autonómicas. Todos nós estamos preparados para poñer en marcha as túas ideas, potenciar a túa marca  con branded content e unila máis ao seu público.

Ao longo das semanas, poderás coñecer máis sobre os nosos servizos e todas as posibilidades que che ofrece Xacias. Agardámoste por aquí e polas nosas redes sociais!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Scroll al inicio