O QUE SOMOS

AS NOSAS ORIXES

A idea levaba tempo nas nosas cabezas: é posible crear unha cooperativa de comunicación? Temos todo o necesario? 

Despois de dous anos traballando xuntos en Carretando, o noso proxecto irmán, pensamos que si. Que o autoemprego podía garantir un futuro laboral de calidade, que respectase á vida, e dentro dunha organización máis democrática. 

Xacias emerxe co obxectivo de que os nosos valores persoais estiveran tamén no noso traballo. E chegamos cunha máxima: a importancia de achegar contidos de calidade nun ecosistema dixital hiperpoblado. 

🗞️ En Extradixital recolleron o noso nacemento: Nace Xacias, nova cooperativa de comunicación en Galicia.

Equipo de Xacias

O NOSO EQUIPO

Especializado en comunicación política, corporativa e dixital. 

Retrato do xornalista Román Varela, de Xacias
Román Varela

Xornalista e consultor institucional

Cun Máster en Comunicación Política e Social da Universidade Ramón Llull, Román formou parte do gabinete de prensa do Concello das Pontes e da Comisición Nacional del Mercado de Valores (CNMV).  Tamén foi redactor de El Progreso de Lugo e xestionou campañas políticas a nivel municipal.

Retrato da xornalista Carmen del Río, de Xacias
Carmen del Río

Xornalista e consultora política

Carmen é a persoa que marca as liñas a seguir dentro dos contidos de márketing dixital. Cun Mestrado en Márketing e Comunicación Política da Universidade de Santiago de Compostela (USC), foi redactora en EuropaPress e traballou con empresas galegas na creación de contido.

Retrato do xornalista Adrián Vázquez, de Xacias
Adrián Vázquez

Investigador e xornalista

Adrián é investigador na Universitat Autónoma de Barcelona e achega unha visión panorámica da economía política das TIC.  Fundamental para a creación de análises que teñan en conta o contexto dixital do presente. Tamén exerceu de redactor en La Voz de Galicia.

Retrato do deseñador gráfico Miguel Ledo, de Xacias
Miguel Ledo

Deseñador gráfico, fotógrafo e ilustrador

Graduado en Belas Artes e cun Mestrado en Deseño Gráfico da escola LABASAD, Miguel coordina os servizos máis artísticos de Xacias. É o responsable da liña gráfica dos clientes, da cobertura fotográfica e da xeración de ilustracións para cartelería, folletos e outras publicacións físicas. 

Retrato do xornalista Pablo J. Rañales, de Xacias
Pablo J. Rañales

Escritor e xornalista

Especializado en narrativas dixitais e creación de estratexias en medios sociais, Pablo pasou polo gabinete de prensa do Concello de Ares, xestionou campañas políticas en redes a nivel local e foi redactor de La Voz de Galicia. Tamén é autor de tres novelas e gañador do Premio Illa Nova de Narrativa 2023.

Retrato do politólogo Julio Iglesias, de Xacias
Julio Iglesias

Politólogo

Formado en Comunicación e Marketing Político pola Universidade en Internet (UNIR), Julio encárgase da análise dos clientes e o reporting. Conta con experiencia no traballo diario de agrupacións políticas locais e no Parlamento de Galicia. 

Scroll al inicio