SERVIZOS

Comunicación pública
Especializámonos en crear contido adaptado ás necesidades comunicativas da década. Renovamos identidades institucionais e intervimos en asuntos que afectan a toda a sociedade.

Comunicación dixital
Deseñamos campañas de creación de contido dixital, executámolas e avaliámolas. Traballamos coa complexidade das redes sociais para posicionar a túa organización.

Comunicación corporativa
Facemos que a túa organización teña unha identidade visual e un discurso singulares. Actuamos coma un gabinete de prensa e un xerador de contido sobre a túa empresa grazas á nosa experiencia xornalística.
CREAMOS
Materializamos a túa visión do mundo.
- Contidos dixitais: posts e copys, vídeos adaptados a redes sociais, carruseis de imaxes ou infografías.
- Fotografías institucionais, corporativas ou de carácter turístico-cultural.
- Branded content: reportaxes e entrevistas sobre a organización.
- Newsletters e podcasts.
- Notas de prensa.
- Identidades visuais completas: logotipos, tipografías personalizadas, materiais gráficos asociados coma cartelería, folletos, tarxetas de visita…
- Artigos web con posicionamento SEO.
- Informes e análises de asuntos públicos ou corporativos.
PLANIFICAMOS
Collemos escadra e cartabón para deseñar estratexias personalizadas.
- Campañas de creación de contido dixital en diferentes redes sociais.
- Plans de comunicación integrais, tanto en redes como en medios de comunicación.
- Liñas temáticas a desenvolver para a institución ou organización.
XESTIONAMOS
Encargámonnos das necesidades dos medios e doutros stakeholders.
- As túas redes sociais e as interaccións das comunidades dixitais existentes.
- As necesidades dos teus eventos corporativos: cobertura en directo, relacións públicas e organización.
- As relacións informativas con xornalistas dos medios de comunicación.
- O teu gabinete de prensa.
- Campañas e candidaturas políticas.

Unha cooperativa de comunicación para traballar coa túa complexidade
Pregunta polo teu orzamento!
+ 34 624 73 73 46
ASESORAMOS
Axudamos a construír relatos sólidos para os novos tempos.
- Na creación de discursos institucionais ou corporativos.
- Na mellora da comunicación externa ou interna da organización.
- No posicionamento dixital da empresa ou institución.
- Na implementación de políticas de participación cidadán.
FORMAMOS
Achegamos coñecemento en comunicación e creación de contido.
- Con obradoiros de podcasting.
- Con obradoiros de portavocía e liderado político.
- Con conferencias sobre creación de contido e comunicación institucional.
