CALENDARIO MESÍA 2024
Despois de máis de 144.000 trazos que exemplifican o seu carácter artesanal, chegou o 2024 a Mesía co seu calendario deseñado con moito mimo.
O obxectivo que nos formulamnos dende o comezo na súa planificación era reflectir a diversidade e beleza deste concello composto por 12 parroquias en cada un dos 12 meses do ano. Cunha técnica que mestura debuxo tradicional e dixital, destacáronse os detalles das principais figuras patrimoniais de Mesía.
O resultado final supón un calendario elegante, en branco e negro, no que ademais a veciñanza se poida recoñecer, á par que pode servir como claro reclamo turístico.