CARTEL FEIRA DAS NENAS 2024
A Feira das Nenas da Silva (Cerceda) é unha das tradicións máis relevantes dentro da súa contorna municipal, cunhas orixes que se remontan a mediados do século pasado. Hoxe en día, o Concello de Cerceda aposta forte pola feira cabalar, así como por outras moitas actividades que poderedes desfrutar ao longo do mes de abril.
Debido á súa importancia simbólica, desde Xacias quixemos apostar por un cartel á altura. A ilustración está composta por un xinete en cabalo co fondo dunha orquestra con fogos artificiais. Así, resúmese a esencia da festa do mellor xeito posible, mesturando a súa esencia vencellada aos cabalos coa súa función lúdica.
O debuxo vén inspirado dunha viñeta do xenio Moebius (do cómic Blueberry) e levou as súas vinte horas de traballo de execución en dous días frenéticos.